domingo, 20 de enero de 2019

HAI !!!!QUE MONADA!!!!!

Un ano mais aquí estamos para falar de biodiversidade. Tiña pensado facer unha entrada diferente e mais traballada, pero é que hoxe recollín material dabondo para esta entrada.
Póñovos en contexto...Praia de A Lanzada- O Grove Sanxenxo 20-1-19, parte  do Espazo "protexido" Ons O Grove, ZEPA, Natura 2000 etc.etc. Lugar de protección especial dentro do plan de recuperación para Charadrius alexandrinus

parella de Charadrius alexandrinus, ave do ano 2019 SEO-BIRD LIFE
(esperemos que non sexa so propaganda)

20-1-2019 HORA.... DENDE AS 12:37 ÁS 13:13


Cheguei a contar hasta 14 cans na praia no mesmo momento, cousas que teñen os censos...comezas por Mobellas, gaivotas etc. e rematas con cans.... .


Carteis expostos nos accesos á praia

estes andaban ceibos pola praia uns intres antes(ver fotos anteriores)



Estes leeron o cartel e como si nada.......
forman parte da biodiversidade humana, hai de todo e o mais curioso é que seguro que se creen amantes da natureza e dos animais en fin....


Deben de ser familiares destes que aproveitan os balados de protección dos niños das Píllaras para colgar a roupa (primavera do 2016).
E xa que esta entrada é ilustrativa, comentar que a estas alturas xa están chegando as Píllaras ás zonas de cría, 3 aves en Montalvo e unha na Enseada do Vao, por si non se enteran os responsables do plan de recuperación e mais os xestores do espazo Ons O Grove. Así lle vai a especie... a putada é que estos ecosistemas dependen de xestores inútiles para que se poidan recuperar. Os plans de recuperación para especies en perigo en Galicia, lonxe de servir para a recuperación destas especies están a ser simple propaganda , outro exemplo, o plan para Emberiza schoeniclus lusitanica.

Nas entradas trato de dar sempre unha de cal e outra de area nesta van dúas de area (A Lanzada ) e.....


Sapo corredor Epidalea calamita atopado xunto con tres mais na zona de Arnosa, Sanxenxo Ons O Grove, único lugar que coñezo con presenza desta especie dentro do concello de Sanxenxo.

Píntega Salamandra salamandra, exemplar cun morfo curioso atopado na Siradella O Grove, atopouse outra tamén con debuxos similares, non sei si terá algo que ver co illamento desta poboación hai uns séculos cando O Grove era unha illa, deixoo ahí....
apertas















4 comentarios:

  1. Ao principio do problema canino o obxectivo da miña atención eran os propietarios. Pero deime conta de que ese camiño é unha vía morta. Saben da súa impunidade así que non van mudar o seu comportamento.
    Despois centreime nas Administracións, a quen consideraba responsábeis últimos da infección canina nos nosos espazos naturais. Pero axiña me dei conta que estes tampouco han facer moito. O lobby mascoteiro/animalista é xa tan poderososo e cunha capacidade de presión tan mostruosa (nas redes sociais, sobre todo) que ningunha forza política se vai enfrentar a eles. Algunhas forzas políticas, de feito, fan apoloxía do mascoterismo intrusivo.
    Agora a miña preocupación está entre o colectivo ecoloxista/naturalista, xa que estou a observar con suma preocupación a tolerancia ou directamente complicidade que moitos dos nosos compañeiros teñen con estes delincuentes. Algunha páxinas web supostamente conservacionistas publicitan explícitamente o "perriturismo" ou colaboran coas asociacións mascoteiras vía adopción (cando hai que buscar a REDUCIÓN). Outros moitos defenden o suposto dereito das mascotas a "desfrutar da natureza", afirmando que é compatible coa conservación e a convivencia, entrándolle ao trapo do lobby.
    Como digo, Emilio, cada vez estou máis pesimista con este asunto. E, o pior de todo, temos o inimigo na casa. Non o dubides.
    Apertas.
    PD: Xa hai quen vai censar acuáticas en xaneiro co can. Como te lo cuento.

    ResponderEliminar
  2. "Mi perrito no hace nada". Sóavos? Apertas e paciencia nesta auténtica "ditadura" canina, Damián

    ResponderEliminar
  3. "ave do ano 2019 SEO-BIRD LIFE (esperemos que non sexa so propaganda)"
    Pois por suposto que ten que facerse propaganda!! ademáis de moitas outras cousas como divulgación,ciencia,educación ambiental, presión nos organismos competentes,denuncia, etc, etc.
    Ahora, supoño que sabes que SEO/BirdLife é unha ONG e por desgracia NON é quen redacta as leis, que mais quixeramos!! Polo tanto non acabo de entender por qué nos mezclas a nos en este artigo.
    Cando ademáis sabes perfectamente que levamos un montón de anos deixándonos a pel na conservación da píllara de forma totalmente altruista.
    E para que vexas que non todo é propaganda invitámoste a sumarte a campaña da píllara 2019, que como tódolos anos iniciaremos en breve, pateando as prais, falando cos donos dos cans (recibindo malas contestacións) e lidiando con outras moitas ameazas que sufren estas aves.
    E todo esto Emilio, dígocho dende o cariño pero tamén hai que ter claro quen é o iñimigo e non mezclar as cousas.
    Saúdos
    Gustavo Ferreiro - SEO Pontevedra

    ResponderEliminar
  4. Pensei que me chegaría aviso dos comentarios, por iso un pouco de retraso nas contestacións. En primeiro lugar darvos as grazas polos comentarios e logo facer algunhas aclaracións xa que percibo algo de malestar por interpretar as cousas dun xeito diferente á idea desta entrada. Eu xa estou curado de espantos e como comentei, esta e outras moitas actuacións teñen que ver coa biodiversidade humana. A finalidade é darlle un toque de atención ós xestores do espazo natural simplemente por si de casualidade chegase algo desta entrada a eles , facerlles ver que non merecen o cargo que ostentan. E referente ó de SEO, do que por certo Gustavo son socio moito antes ca ti, cando ti ó millor ainda non tiñas ós paxaros na cabeza coma min, dicirche que non falei nada de SEO Pontevedra, non cuestionei o voso traballo que considero exemplar, pero por iso non teño porqué estar de acordo con todo ó que se refire á SEO, e considero que nalgún caso despois de ser mencionada algunha ave do ano, pasado o ano pasada a romería. Que vou opinar? que hai moito interés por parte de SEO en que non desapareza dita especie? pois si é así, a min non mo parece,(falo por exemplo dos palustres), fanse cousas? si,pero valen para millorar a situación das aves? nalgúns casos non. Sabes que as píllaras van a peor a pesar de que contan cun plan de recuperación igual que os palustres, qué falla? quen ten a culpa? ahí ninguén asume a súa responsabilidade e mentres tanto os bichos desaparecen. Grazas pola invitación pero creo que sobra, eu levo en campaña toda a miña a vida, tratando dende moi novo de ter coñecemento da vida que nos rodea para así poder protexela aportando datos e denunciando ante as administracións e publicamente todo o que podo. Antes de que empezárades coa píllara, eu xa denuncie a desaparición de varias especies vexetais nas dunas da Lanzada por culpa das máquinas, que por certo, despois de cinco anos de plan e sendo cruciais para as píllaras ainda non se ven. Nun principio so tiña paxaros na cabeza pero co tempo ampliei fronteiras e mudei o xeito de ver a natureza incluso agora a nivel xeolóxico, creo que por que non pense coma tí no referente á SEO non deberas facer eses comentarios publicamente, en fin....seguiremos dánllolle mentras poidamos.
    E todo isto Gustavo dende o cariño pero tamén hai que saber recoñecer o traballo que facemos os demais. Unha aperta ós tres.

    ResponderEliminar