jueves, 3 de mayo de 2012

BOTÁNICA DE INTERÉS

SALSOLA KALI, planta escasa por ser de 1ª liña de praia, atopámola en praias pouco visitadas do Grove e uns poucos pes na Lanzada onde hai anos era común.



LUPINUS MICRANTHUS, nova especie de planta para Galicia atopei unha pequena poboación, apenas uns 20 pes, nun cantil do concello de Sanxenxo dentro do Complexo Ons O Grove.
A súa area de distribución amplíase considerablemente hacia o norte xa que as poboacións mais norteñas atópanse en Beira Litoral Portugal


SYLENE LITTOREA LITTOREA, aparece nas dunas da maioría das praias de Galicia



CYPERUS CAPITATUS,  podemos velos nas zona de duna fósil nos areias costeiros



SALIX REPENS, no Ismo da Lanza hai uns poucos exemplares, é un salgueiro que non acada gran altura, mais ben baixo.



LAVANDULA STOECHAS STOECHAS, vese nalgús dos areais do sur de Galicia na nosa zona no Monte Siradella e praia de Portonovo



HELICHRYSUM PICARDI VIRESCENS, podemos atopalas nos areias menos degradados



ANCHUSA CALCAREA, podemos atopala nos areais menos degradados




LINARIA POLYGALIFOLIA, frecuente nos areais endémica de Galicia e Portugal.



SCIRPUS PUNGENS ,podemos atopala na marxe noroeste da Enseada do Vao (Complexo Ons O Grove), é planta que necesita tanto auga doce como salgada, un dos maiores problemas que ten esta povoación é a recollida dos argazos na zona xa que os tractores pasan por enriba delas.


HONKENYA PEPLOIDES, coma tódalas planta de primeira liña de praia esta especie é cada vez mais escasa, desapareceu da praia da Lanzada por mor das máquinas limpa praias, e sometes podemos atopala nas pequenas praias do norte de O Grove onde cada vez son mais escasas.

atopar un grupo coma este é algo curioso

ALYSSUM LOISELEURII GALLAECICUM, endemismo galego aparece nas praias do norte de O Grove, o mal estado destes areais , está a facer que o número de plantas descenda alarmantemente.





LINARIA ARENARIA, descuberta  nova poboación en O Grove, despois de limpar unha zona chea de Carpobrotus(hai 3 anos) comezaron a sair centos de pes desta especie cataloga como En Perigo de Extinción no Catálogo Galego de Especies Ameazadas e En Perigo Crítico  no libro Vermello da Flora Vascular de España.



 PARENTUCELLIA LATIFOLIA , podemos atopala na praia de Montalvo e a de Portonovo.

 

CERINTHE GYMNANDRA, planta escasa que se atopa nalgúns puntos da costa de Sanxenxo, A Lanzada Portonovo, por atopárense en  areias moi humanizados corre perigo de desaparecer.



UTRICULARIA AUSTRALIS ,planta acuática e carnívora, os talos están sumerxidos e neles atópansen os utrículos,  sacos que atrapan pequenos invertebrados que aportan nitróxeno a esta planta, podémola atopar nas charcas estacionais da Lanzada, florece no vran.
e



CENTAUREA SPHAEROCEPHALA POLYACANTHA podemos atopar un  grupo destas plantas na zona sur da Lanzada Sanxenxo, estas plantas serían as que se atopan mais ó norte da súa distribución en toda Galicia









CISTANCHE PHELYPAEA  planta parásita, atópase na costa norte de Sanxenxo e na costa sur de O Grove dentro do Complexo Ons O Grove, atopei 3 pes no esteiro de Terra de Porto no norte de O Grove









EQUISETUM TELMATEIA



no concello de Sanxenxo atopei dous únicos grupos ambolos dous dentro da rede Natura 2000 Complexo Ons O Grove, isto non quer dicir que non corran perigo de desaparecer

LATHYRUS APHACA, unha leguminosa que se ve maioritariamente nos areais costeiros



NARCISSUS TRIANDRUS TRIANDRUS, endémico do norte da Península ibérica no Salnés é moi escaso e  localizado, posiblemente por falta de masas de bosque caducifolio


1 comentario:

  1. Opa Emilio:

    Non coñecía que houbese prantas insectívoras subacuáticas, como a curiosa autricularia. As Droseras si que as coñezo, de andar pateando polas brañas (buscando a Z.vivipara e outras "colegas").

    Os Equisetos xa me son máis familiares. Temos un mogollón deles nas dunas grises da Frouxeira. Sempre me pareceu unha pranta exótica, máis propia do pleistoceno que do "euro-ceno". E tamén hai equisetos dabondo no entorno da ría de Ortigueira, por certo.

    Un abrazo

    ResponderEliminar