sábado, 11 de agosto de 2018

Mais do mesmo

Saudos
a verdade é que si calquera se dedica a facer entradas sobre ilegalidades e desfeitas, non hai tempo que chegue, alomenos en Sanxenxo....
A finais de xullo operarios que traballan baixo o mandato e responsabilidade  do SR. Don Juan Antonio Deza Otero, cargo público de concelleiro de medioambiente de Sanxenxo, arrasaron a vexetación acuática e de ribeira do tramo final do regato de Baltar en Portonovo. Neste regato "sobreviven" diferentes especies protexidas, das que destacan numerosas especies de aves insectívoras , unha pequena colonia de rata de auga Arvicola sapidus, unha familia de lontras Lutra lutra, peixes como Anguilla anguilla e Salmo trutta trutta, e libeliñas como Coenagrion mercuriale e Oxygastra curtisii.

Estado natural do regato o día da desfeita (ainda non chegaran a esta zona)

maquinaria e operarios....


A día de hoxe ainda segue amoreada no leito do regato a vexetación arrasada. curiosamente a isto chamáronlle limpeza pero o leito do regato está cheo de plásticos e demais lixo.

O 7-8-18 nas barreiras de Rouxique dentro do espazo Ons O Grove atopeime cunha especie vexetal que ainda non a rexistrara no lugar Eichhornia crassipes ou Jacinto de auga, especie invasora. Algún energúmeno/a se dedicou a votar estas plantas polas diferentes charcas.


Jacintos de auga sacados  da barreira das Cachadas e posteriormente destruidos, Rouxique-Sanxenxo.

Jacintos de auga noutra das barreiras de Rouxique (enriba dos puntos vermellos)

Seguimos......
Dende o concello de Sanxenxo e trala miña proposta, o día 22-3-18 na Voz de Galicia saía unha nova na que se dicía se ía protexer a única poboación de Lupinus micranthus de Galicia. ATOPÁBASE perto da zona de excavación arqueolóxica da ermita da Lanzada.


Lupinus micranthus en maio de 2018 a carón das excavacións da Lanzada.


Foto tomada hoxe 11-8-18 onde se arrasou toda a vexetación e a totalidade de pes de Lupinus micranthus.


Outras zonas onde se arrasou a vexetación dunar, detacaban no lugar plantas como Cerinthe gymnandra, citadas en Galicia so en Sanxenxo e Ons.

Xa que estamos pola Lanzada comento un detalle...
En prensa do día 9-8-18 sae a nova de que se atoparon restos dun muro romano, tras unhas catas feitas por patrimonio da Xunta de Galicia. Falamos do lugar onde se realizan obras de arranxo tras unhas escorrentías, no acceso á ermita da Lanzada. Estas obras comezáronse a finais de xullo despois dun estudo feito por patrimonio que foi quen dou o vistoprace para a execución. No lugar atópanse varias moreas de terra que se sacaron para facer unha canle. No medio destas moreas de terra , vense numerosos restos de cerámica e pedras que ben puderan ter relación cos  romanos. Podemos pensar que o muro o atoparon os obreiros e agora os mandatarios queren facernos ver que xa se sabía que estaba ahí. Non cadran moitas cousas, unha delas é a traxectoria da canle que vai dereita ós achádegos arqueolóxicos. Outra que saíra a nova moito mais tarde ó estudo de patrimonio e coincidindo coas obras moi avanzadas. Por que se parou a obra si xa se fixo un estudo anterior??? Poño unhas fotiños para que cada quen saque a súa opinión.


A ver señores e señoras de patrimonio, son eu o único que se decata que todo ese Ismo está cheo de restos arqueolóxicos? vaias por onde vaias se ven cousiñas, nos cantís, nos camiños de acceso etc.etc.etc.
Co pouco que se estudou se di que é un dos xacementos mais importantes de Galicia. Señores políticos deixense de cuchipandas e invirtan en cultura.... esta frase última é de desafogo simplemente.

Parte dun muro en zona de acceso peonil.
Parte doutro en zona de tránsito de vehículos.




Baixo os puntos vermellos, plantación de tornasoles despois de destrucción de pes de Ophrys apifera por parte de propietarios deste kiosco na Lanzada dentro do Complexo Ons O Grove.



1 comentario:

  1. BUEN TRABAJO,LOS CONCEJALES DE MEDIO AMBIENTE ,AUN NO SE SI TENDRA TITULO O CONOCIMIENTOS DE SU ENTORNO,CREO QUE LO QUE SABE DE MEDIO AMBIENTE ES SU SILLON Y DESPACHO ,ES LO UNICO QUE SABE,UN SALUDO

    ResponderEliminar