jueves, 31 de mayo de 2018

Emberiza schoeniclus lusitanica e De mal a peor

Desfeita no polígono de Nantes-Sanxenxo

Para mitigar os posibles efectos derivados da posible contaminación por parte das empresas que se establezan no polígono de Nantes en Sanxenxo, creouse un cinturón verde. Parecer ser que os responsables da xestión deste cinturón non teñen nin idea(como noutros moitísimos casos referidos á biodiversidade) do significado desa figura. Estes días foron moidas(desbrozadas) unhas dúas hectáreas de arborado e vexetación arbustiva. A maquinaria pesada empregada, moeu literalmente toda a vexetación que o responsable desta máquina lle antoxou, sempre baixo un criterio persoal. Dende o Grupo de Anelamento científico de aves ANDURIÑA estase a facer un seguimento da biodiversidade deste enclave dende hai moitos anos. Antes da creación do Polígono esta era unha zona das mais importantes para a vida dentro do Concello de Sanxenxo.
Acaban de destruirse todos os niños do lugar, algúns con polos e outros con ovos de especies protexidas . Turdus merula, Turdus philomelos, Hyppolais polyglotta, Sylvia undata, Sylvia atricapilla, Troglodytes troglodytes, Erithacus rubecula, Phylloscopus ibericus, Prunella modularis, Saxicola torquata, Streptopelia turtur, Caprimulgus europaeus.




A zona era importante para a alimentación doutras especies de aves, destacan, Hirundo rustica, Delichon urbicum, apus pallidus e Apus apus. Ademais víronse afectados outros vertebrados como Lacerta schreiberi, Timon lepidus, Podarcis bocagei, Anguis fragilis, Natrix natrix, Natrix maura, Rana iberica, Erinaceus europaeus. O lugar é importante para insectos como os odonatos téndose constancia da presenza de mais de 20 especies, hai que resaltar a dúas especies protexidas Coenagrion mercuriale e Oxigastra curtisii.


A maquinaria pesada fai que moitas das árbores que non son trituradas na súa totalidade queden moi danadas, coido que imos para atrás en vez de avanzar cara a unha xestión adecuada.



Para os que xestionan dende o concello estas actuacións, froito da ignorancia, consideran que isto son limpezas. Personalmente diría que limpeza sería sacar os escombro e a gran cantidade de lixo que quedan á vista e non acabar con toda a vida local.






 fotografía tomana na zona desbrozada o 19-5-18



Dende o mesmo punto 30-5-18.



No lugar podemos atopar O Con da Romaiña que se atopa dentro dunha zona de protección arqueolóxica. Supostamente calquera actuación dentro desta zona ten que contar co vistoprace de Patrimonio. Teño as miñas dúbidas fundamentadas por outras actuacións similares, nas que si por parte do concello se solicitaron estes permisos. Como parece ser que xa estamos en campaña electoral aproveito para que os votantes reflexionen sobre como os mandatarios actuais están a xestionar todo o relacionado co pratimonio natural, arqueolóxico, vida sustentable e saude, o xeito de cambiar aas cousas é dando confianza a quen mais se aproxime a ter como prioridade a conservación de todos estes valores que sen dúbida redundará nun benestar social. 

Bueno... sempre me gusta facer as entradas engadindo unha de cal e outra de area.
Veño de descubrir tres especies de plantas que son novidades para a flora de Sanxenxo e posiblemente algunha delas novidades provincias e mesmo de confirmarse as especies propostas novidades para Galicia. a falta de revisión por parte de botánicos mostro fotografías e propostas de ditas especies.



Platycapnos spicata praia de Canelas, Portonovo Sanxenxo abril de 2018.



Anchusa sp. a única especie europea con flores brancas é Anchusa littorea con distribución mediterranea, atopámola na illa de Cerdeña. Atopei un grupo dunhas 40 plantas, todas con flores brancas en dunas de Canelas, Portonovo-Sanxenxo en abril de 2018.



Heteranthemis viscidehirta, atopei  no mes de abril un grupo dunhas 150 plantas en Major- Sanxenxo en zona de trasduna. Esta especie é propia das costas de Cadiz e Huelva así como da costa mediterranea de Portugal.
Estas tres epecies engrosan o listado de plantas mediterraneas presentes no Val do salnés, lugar coa temperatura media anual mais alta de Galicia.



Vista aérea da duna rampante de Major, 40 msm. superior esquerda  Embalse, inferior esquerda Karting.

A vexetación dunar  estase a estragar polas accións dos quads, estes son 
alugados por unha empresa que parece ser fai uso de toda a área, terra, auga e quen sabe si nun futuro aire....

Novo circuito acuático a carón do embalse, sinalar que a auga deste circuito é bombeada do embalse público, supoñendo unha merma dos recursos hídricos que alimentan parte dunha área do espazo protexido "Ons O Grove". Terá permiso esta empresa para sacar auga do embalse???. Xa tentaron recoller auga directamente do rego do Souto, cousa que non lles autorizaou augas de Galicia. esta empresa foi cómplice da desfeita que se fixo na senda do rego do Souto. Os escombros derivados do levantamento de pistas do karting acabaron sendo a base de recheo da senda.


Onte fun dar un paseo pola praia de Canelas en Portonovo-Sanxenxo. Hai tempo practico unha modalidade de caza....moi emocionante xa que nunca sabe un o que se vai atopar. Caza fotográfica de macarradas. Teño un ranking e por curiosidade dicir que no número un está o concello e dentro deste a concellalía de medioambiente.  A señora ignorancia é unha enfermidade común que afecta ós nosos mandatarios por iso a continuación, unhas pequenas clases didácticas, por si de casualidade(cousa que dubido moito) algún chega a leer algo.
Lección primera
xestión de praias.


As dunas non son xardíns, son ecosistemas vivos nos que calquera alteración afecta ó seu equilibrio natural.


As papeleiras hai que poñelas fora da vexetación dunar, xa que os cidadáns non saben voar e pisan as plantas.


O mesmo conto cos postos de soccorro e duchas


O libre acceso ó sistema dunar ten que ser controlado


Os accesos teñen que estar adaptados para o paso de persoas, non teñen que ser autoestradas, o principal acceso para a praia de Canelas ten 30 metros de ancho, iso si cunha illa no medio. Como noutros casos os operarios que manexan as máquinas debería ter unha formación axeitada para desenrolar o seu traballo. Estamos a contribuir cos nosos impostos a que se destrúa a biodiversidade.
Ben.....pois por hoxe queda rematada a lección, debería poñer deberes pero creo que sería perder o tempo.

Falando de Canelas,sinalar que descubrín unha nova localidade para unha especie de chinche que so se ten citado na Lanzada a nivel de Galicia.



Loxocnemis dentator, praia de Canelas maio de 2018


Emberiza schoeniclus lusitánica, Galicia maio de 2018. Un dos últimos reprodutores.

Acabo de leer a monografía do primeiro censo Ibérico de Escribano palustre.
Por poñer antecedentes para quen non o saiba, estiven estudando a especie durantes mais de 7 anos, grazas a datos obtidos co estudo por medio do Grupo de Anelamento científico de aves ANDURIÑA se fixeron unhas alegacións que diron como resultado a inclusión deste taxón como especie catalogada En Perigo de Extinción, dentro do catálogo galego de especies ameazadas.
Inclueuse a este taxón como subespecie valida dentro do listado AERC en base a análisis xenéticos e biometrías. Que por certo me roubaron, vai para ti ATIENZA de SEO-birdlife.
Aportáronse as directrices para a metodoloxía dos censos, sendo eu coordenador para Galicia no 1º censo de España no ano 2005.
Fun a figura clave para o traballo previo do plan de recuperación da Xunta, no que unha vez exprimido se deixou de contar conmigo. SALUDOS Francisco Arcos e Miguel.
Moitos foron os personaxes que se aproveitaron do meu traballo uns para sacar beneficios económicos e outros para aumentar o seu curriculum. Dame magoa leer algunhas afirmacións dentro deste monográfico e noutros traballos. A miudo se copian e pegan datos doutros traballos feitos en lugares que nada teñen que ver con
Galicia e Portugal. Poño como exemplo que se sigue afirmando que un dos problemas é a intensificación agrícola(si en UK) aquí todo o contrario o abandono do campo, que fai que se colmaten os humidais con especies predominantes como o carrizo, que fan que as masas vexetais sexan casi monoespecíficas.
Do mesmo xeito que se contraciden continuamente os datos reflexados a modo de xustificación pola falta de rigurosidade, nos censos, análises de traballos etc.
Despois de varios anos afastado do seguimento deste taxón, froito dunha desilusión tras ver que non se contaba coa miña opinión no referido á xestión da especie,tras exprimirme todos os datos obtidos por min e outros grupos de anelamento de Galicia e de naturalistas de Galicia. Decidín este ano recoller datos de parellas reprodutoras, para ir confirmando personalmente as miñas previsións si non se tomaban medidas axeitadas , a extinción da especie en Galicia.
No censo de Galicia de 2015 non se censaron lugares claves para a reproducción da especie, sendo estas as que aportaban unha boa porcentaxe dos reprodutores. Non se empregaron as mesmas metodoloxías que nos censos previos polo que os resultados non se poden ter en conta e máxime sendo a situación tan delicada. En troques empréganse estos nos resumes e conclusións dos censos polo que o que se consegue é desvirtuar a realidade. Si censos posteriores ó 2015 con datos que se axustan mais á realidade, dan como resultado maior número de parellas reprodutoras, fará que a interpretación sexa de recuperación. Isto interésalle á Xunta que se xustificará no seu plan de recuperación e as empresas contratadas para este plan, que dito de paso está falto de recursos e de rigurosidade. A un plan desta importancia hai que dotalo de todos os recursos que se precisen e non adaptar os recursos ó plan. No 2015 aneláronse por medio de aneladores de ANDURIÑA contratados pola empresa que leva o plan, 3 femias adultas nas Brañas de Laiño, Dodro, . Vaia casualidade que no censo oficial tamén sairan 3 parellas. Este é un dos exemplos que podo poñer para dar ideas de como se fixo este censo, que ó final é o que se ten en conta oficialmente.
Creo, e esta é unha opinión personal, que a curto prazo investir recursos en Galicia para estudos é tirar os cartos, hai que cambiar o hábitat e retornalo á situacións de anos atrás.
A longo prazo sería axeitado retornar a unha situación dos lugares de reproducción dos Escribanos palustres o mais parecida posible a cando superaban as 60 parellas, sobre o ano 2000. Si os reproductores de Salreu, Portugal incrementasen efectivos podería darse unha recolonización en Galicia sempre e cando atopasen lugares axeitados. A clave da recuperación da especie estaría agora nos humidais de Portugal e sobre todo en Salreu.
Antes de que se demostrase por medio de recuperacións de aves marcadas a conectividade de individuos entre Galicia e Portugal , eu xa apuntaba esta posivilidade, así como a da dieta exclusiva a base de insectos, diferencias individuais nos cantos etc. que puxen en coñecemento de persoas que posteriormente fixeron traballos relacionados con isto, nin mención fixeron das miñas aportacións. Julio Neto, Eloisa Matheu etc.

Agora xa son moitos os expertos na especie, casi mais que os palustres que quedan.... esperemos que cheguen a facer algo axeitado. Eu sigo estando aquí para aportar o que se precise.
apertas a todos.