martes, 22 de noviembre de 2022

 Xacintos de auga, (Eichhornia crassipes) 

Saudos
Despois de tempo sen crear unha entrada, fago unha pequena a modo de actualización do blog.
O xacinto de auga Eichhornia crassipes é unha planta que se atopa dentro do catálogo de especies invasoras, sendo unha especie moi problemática e perigosa para a biodiversidade local, fora da súa área de distribución natural. Ainda que xa se produciron chegadas desta especie á costa galega outros anos, estes días pódense ver varias toneladas na praia de A Lanzada, Ons-O Grove.




A chegada destas plantas coinciden con temporais do sur-suroeste en outono-inverno, polo que a súa orixe mais probable sexa Portugal. En Galicia polo de agora non hai unha contaminación destacable desta especie. As grandes poboacións mais próximas atópanse no río Cávado de Esposende, no norte de Portugal. Cando estas poboacións colapsan son arrastradas cara ó mar quedando expostas a influenza dos ventos. Así é como chegan a Galicia. Sinalar que coa auga salgada apenas poden permanecer vivas unhas poucas semanas, cousa que axuda a que non se asenten. Para apioar a teoría da súa posible orixe portuguesa, ocurréuseme analizar o lixo que acompañaba a estas masas de plantas. Algunha sorpresa atopei, pero non foi que a maioría foran cousas de Portugal.


















Ademais atopei un sprai de Mánchester e unha botella de Finlandia, curiosamente pouco lixo local a non ser restos de artes de pesca. Vai un pequeno video de mostra.


Por certo.... as leis vixentes obrigan á retirada destas plantas, a ver quen o fai.... . Terreo municipal de O Grove, "espazo protexido" da Xunta e especie do catálogo nacional de invasoras.

E xa que hai tempo que non publico, un pequeno clip parte dun proxecto en curso.







 

1 comentario: