sábado, 7 de abril de 2018

Temas varios ....

Saudos a todos
despois de meses sen compartir cousas por baixa médica e ainda en recuperación, chegou o momento de aportar algo de actualidade no coñecemento da biodiversidade de Sanxenxo e contorna . Como a situación dentro do Concello segue a ser de xestión medioambiental nefasta por medio da administración e cidadáns darei uns apuntes.


O Banco de alimentos de Sanxenxo está na Telleira da Fianteira . O tránsito de vehículos é continuo no camiño de acceso á Telleira, tamén a reparación dos baches. Apesares de estar nun espazo "protexido" o artista que manexa a máquina, semella que quer facer unha autoestrada no lugar, gañando terreo hacia a marisma cada vez que pasa coa máquina. O Concello ten que pedir permiso cada vez que fai unha reparación do camiño e Medioambiente da Xunta debería sancionar estes feitos. Dende o Concello están acostumados a facer o que lles pete dentro e fora do espazo natural.


Arrasouse parte da vexetación dunar de Montalvo. esta zona pertence ó dominio público de Costas polo que calquera actuación aquí require de permiso desta entidade. Falando con responsables do Concello comunican que non foi esta entidade a que efectuo o desbroce. Por todo isto somentes podemos pensar que posiblemente foran os comuneros de Arra os que estén detrás deste feito. estragouse a poboación mais grande do Salnés dunha orquídea, Ophrys apifera e a única poboación de Iris foetidissima do Concello de Sanxenxo.
Sinalar que os comuneiros de Arra xa foran denunciados por recheos neste lugar. Centos de vehículos aparcaron nos recheos e zona dunar, algún dos hoteleiros do lugar están metidos nesta comunidade, con isto non quero dicir que poidan ter interés en crear mais plazas de aparcamento nas proximidades dos seus hoteis.......

Ophrys apifera

Ainda que o polígono de Nantes legalmente está pechado, hai varias empresas que levan tempo traballando, unha delas é un aserradoiro de pedra. Os restos da corta de pedra están canalizados hacia os sumidoiros de augas pluviais. Estos restos van dar ó rego da Chanca que desemboca na Enseada de Dena (Ons O Grove). Ninguén se entera....

Ainda dentro do Polígono entre outras cousas podemos atopar .....

Dentro do Concello de Sanxenxo a perda de biodiversidade estase acelerando, moitas son as causas, unha delas é a proliferación de especies alóctonas, ultimamente veño atopando en varios areais unha nova especie, unha palmeira... , a teima das administracións e particulares por ter estas plantas nos xardíns, por fin son un problema medioambiental. Menos mal que apareceu o gurgullo das palmeiras para axudar un pouco.
palmeira no sistema dunar de Montalvo


Redactei unha nova para a prensa, fixen un cartel e presentei no concello de Sanxenxo unha proposta para protexer unha especie vexetal única no norte da Península Ibérica, Lupinus micranthus.
Resultados ..... o Concello saca en prensa e na súa páxina, a miña nota pero.... borrando o meu nome e engadindo o do concelleiro de Medioambiente. A día de hoxe está a zona sen sinalizar, ducias de persoas , nesta Semana Santa pisotearon as plantas. Cada ano estanse reducindo os exemplares desta planta por culpa da falta de interés das administracións en protexela. Estamos a falar dunha especie que está dentro dun lugar "protexido" Ons O Grove. Tanto Medioambiente da Xunta como o Concello de Sanxenxo teñen coñecemento desta situación dende hai tempo.

Turistas camiñando por enriba dos Lupinus micranthus a carón das excavacións da Lanzada.

Cambio de tema....recentemente puden ver varios exemplares de Armatoplana celta
un gusano plano que somentes está citado na Ría de Arousa a nivel mundial. A cita realizouse en Ribeira onde se atoparon exemplares desta especie a 14 metros de profundidade. O meu achádego aporta novos datos sobre a súa bioloxía e distribución. Atopei varios exemplares baixo rochas no intermareal da Fianteira, Sanxenxo ( Ons O Grove)

Armatoplana celta, Fianteira Sanxenxo 11-1-18

Scilla peruviana, Major Sanxenxo 15-3-18

Atopei estes exemplares de Scilla peruviana en Major en zona de trasduna, é unha planta mediterranea que se emprega en xardíns. En Galicia está citada na provincia da Coruña e na cita coméntase que poderían ser exemplares con orixe antrópico, unha especie mais para Sanxenxo......


O tema plásticos está de actualidade, e ainda que é coñecido que algunhas aves como as cegoñas, gaivotas, pardais etc. empregan restos de plásticos na construcción dos seus niños, aporto estas fotos como curiosidade xa que se trata dun niño de Sylvia atricapilla no que se aportou como material numerosos restos de cordas de plástico. Sinalar que o niño estaba a mais de 1km da casa mais próxima.
As marquesinas das paradas de bus de Sanxenxo son unha trampa mortal para ducias de aves, os cristais deberían estar tintados, rotulados ou non se deberían empregar. Hai días que se poden atopar varias aves xuntas como as das imaxes, dous Turdus merula e 1 Accipiter nisus.




lunes, 19 de septiembre de 2016

CORAIS DE AUGA FRIA E BRIOZOOS NA RIA DE PONTEVEDRA( cold water corals)

             Diferentes tipos de corais e briozoos recollidos polo Oeste da Illa de Ons, Bueu, Pontevedra


arriba coloración dun coral morto, debaixo coloración da mesma especie viva
(entre 60 e 100 metros de profundidade)

Ainda que para o mundo científico os corais de auga fría nas costas de Galicia son pouco ou nada coñecidos, os mariñeiros coñecen da súa existencia dende hai décadas , dende que se comezaron a empregar artes de enmalle e de arrastre. Curiosamente mesmo algunha especie ten nome popular(Murrunchos).


Murrunchos (entre 50 e 100 metros de profundidade)

Podemos encontrar corais de auga fría dentro das Rías en profundidades insospeitadas , en menos de 10 m. de profundidae atopei unha especie asociada a unha  alga que ainda que descoñezo a súa bioloxía, supoño que non será anual , é doado atopar esta alga con corais incrustados en praias do Leste de Ons no medio das arribazóns de argazos.

Lophelia sp.( entre 60 e 100 metros de profundidade)

 Entre 30 e 50 m. xa podemos atopar mais de 10 especies de briozoos, algunhas delas pequenas e que aparecen incrustadas enriba de corais maiores incluso si estes xa están mortos.

corais pequenos asociados a corais grandes 


Cando se fala de destrucción de corais de augas frías sobre todo se fala de artes de arrastre, personalmente creo que teñen moitísimo mais impacto as artes de enmalle como, Miños, Betas, Rascos, Volantas etc. Os corais asócianse maiormente a zonas rochosas nas que o arrastre é menos frecuente xa que é moi doado destrozar os aparellos, pola contra o enmalle é calado frecuentemente en calquera zona rochosa , enleándose nos corais que son arrincados cando o arte se recolle, proba delo son as fotografías que se amosan nesta entrada. Ainda que teño restos de corais de hai mais de 20 anos o que me animou a facer esta entrada foi o comentario dun mariñeiro...díxome que nas zonas nas que hai anos se enganchaban multitude de corais agora xa non hai. Imaxinade que durante décadas se foron arrincando ano tras ano corais e que algúns terían centos de anos e se destruiron en segundos.

Cando xa tiña pensado facer esta entrada, vaia casualidade....., un día de pesca deste vran a unha profundidade de 35 metros na zona de Montalvo Ría de Pontevedra ,enganchamos co rezón un lieiro de tanza no que se estaban a desenrolar diferentes especies.


detalles dos diferentes briozoos atopados no lierio de tanza da fotografía superior

Os corais de auga fría están protexidos en moitos paises da Unión Europea, para isto o mais importante é invertir en investigación para poder estudar as diferentes especies de corais, a biodiversidade que acollen, facer mapas de distribución para poder escoller as zonas prioritarias a protexer, en España a conservación da biodiversidade en xeral, está moi por debaixo de outras prioridades.

detalle de como comezan os briozoos a colonizar, neste caso un anaco de tanza empregado para a pesca, semella que é bo sustrato para o comezo da colonización.

Para rematar unha reflexión, na última glaciación polo Oeste de Ons onde agora hai 100 metros de profundidade daquela estaba o límite do mar, as rías non tiñan auga salgada e a erosión dos ríos foinas formando, coa retirada progresiva do xeo foi aumentando o nivel do mar, a auga iría quecendo progresivamente , agora as preguntas, nalgún período deses miles de anos os corais de auga mais quente non puderon colonizar as nosas costas? cando as profundidades eran menores e a auga estaría mais quente? son os corais de auga fría, que non están asociados a formacións volcánicas, corais relictos doutros tempos que se foron adaptando as novas condicións climáticas?






jueves, 11 de febrero de 2016

Especies de interés


Apórtanse datos sobre distribución de especies de interés por estaren " protexidas " , pola súa importancia como bioindicadoras ou pola súa escaseza, froito de traballo de campo apartires do ano 2011, sen metodoloxía establecida e nalgúns casos de encontros fortuitos.





CHIOGLOSSA LUSITANICA


Puntos de localización Chioglossa lusitanica

(2014-2016) Rego do Souto           511343.21 E  4696486.46 N
(2014) Rego do Carballo     513419.36  E  4697356.51 N
(2014-2016) Fabaiños                 513263.55  E  4696595.37 N
(2014) As Cereixeiras          516269.85 E  4695642.94 N
(2016) Rego de Dorrón        519432.43  E  4696556.28 N 

RANA IBERICA


Puntos de localización Rana iberica

(2012-2013-2014)  Rego do Souto       511058.44 E 4966413.40 N 
(2012-2013-2014)  Fabaiños              512804.59 E 4696417.36 N
                     (2012-2013-2014)       513237.67 E 4696501.97 N
(2012-2013-2014)  Rial             514573.72 E 4695287.04 N
(2014-2015)  Rego de Dorrón  519021.91 E 4694988.80 N
(2016) Rego das Besadas, Nantes-Sanxenxo
    
ARVICOLA SAPIDUS


Puntos de localización Arvicola sapidus

( 2015-2016 ) Recón                 510921.71 E 4699123.80 N
(2012-2013-2014-2016)  Fabaiños       512711.89 E 4696765.36 N
(2012-2013)  Rial               514573.72 E 4695287.04 N
(2014- 2015)  Dena            514790.27 E 4701713.24 N
(2016) Rego do Souto       511058.44 E 4966413.40 N 

BRACHYTRON PRATENSE


puntos de localización Brachytron pratense

(2011-2012-2013-2014-2015)Ismo Lanzada 510410.46 E 4699945.91 N
510741.07E 4699342.40 N
(2012-2013-2014)Canteira Siradella 510217.50 E 4701303.10 N
(2011-2012-2013-2014-2015)Recón 510883.54 E 4699120.41 N
510877.71 E 4698994.17 N
(2013-2014-2015-2016)Fabaiños 512822.03 E 4696354.68 N
(2013-2014) charca Monte Faro 513288.07 E 4696778.41N 

COENAGRION MERCURIALE


Puntos de localización Coenagrion mercuriale

(2012-2013-2014) Dena  514777.60 E 4701697.67 N
         (2012-2013-2014)   516162.43 E 4698369.57 N
(2012-2013-2014-2015-2016) Fabaiños  512809.51 E 4696308.74 N
(2012-2013-2014-15-16)  512771.35 E 4696697.83 N
(2012-2013) O Carballo  513903.75 E 4697322.17 N
(2011-2012-2013) Baltar  514413.21 E 4694545.18 N
(2014-2015) Dorrón  519005.56 E 4694608.62 N 


OXYGASTRA CURTISII


Puntos de locacización  Oxygastra curtisii

(2011-2012-2013-2014) Dena  516103.83 E 4698384.27 N
(2012-2013-2014-2016)  Fabaiños  512834.26 E 4696256.74 N
(20112012-2013-2014) O Carballo  514182.52 E 4697025.32 N 
(2011-2012-2013-2014-20015-2016) Fianteira  514097.37 E 4700244.98 N

ANGUILLA ANGUILLA




Puntos de localización Anguilla anguilla

(2012-2013-2014) Fabaiños 512819.61 E 4696464.15 N
(2012-2014) Fianteira 513711.43 E 4700152.17 N
(2011-2012-2013-2014-20015) O Bao  511793.13  E 4700708.24 N
(2011-2012-2013-2014-20015) Dena    514068.55  E 4701168.55 N


GASTEROSTEUS ACULEATUS


Puntos de localización Gasterosteus aculeatus

(2012-2013-2014-2015-2016) Recón  510944.18 E 4699093.81 N 
(2012-2013-2014) Rego dos Mouros  511477.61 E 4698606.86 N
(2011-2012-2013-2014-2015-2016) Rouxique 512368.49 E 4700232.63 N 
(2013-2014) Dena  514780.04 E 4701683.31 N 

SPIRANTHES AESTIVALIS


Puntos de localización Spiranthes aestivalis

(2011-2012-2013-2014-20015) Recón 510876.72 E 4698972.86 N
(2011-2012-2013-2014-20015) Salinas 5108868.82 E 4699290.06 N
(2011-2012-2013-2014-20015) Ismo Lanzada 510734.44 E 4699387.13N
                                                                                   510356.63 E 4699982.30 N 
                                                                                   510507.12 E  4699821.36 N 

PHYLLOSCOPUS IBERICUS


Puntos de localización Phylloscopus ibericus

(2012-2013-2014) Dorrón  519118.70 E  4695172.71 N
(2012-2013) Baltar  514387.45 E 4694551.90 N
(2012-2013-2014-20015) Rial  514592.80 E 4695380.44 N
(2012-2013-2014-20015) Fianteira  514139.82 E 4700182.48 N 
(2012-2013-2014-2015-2016) O Carballo  514194.54 E 4697047.91 N 
(2012-2013-2014-2015-2016) Monte Faro  513301.40 E 4696775.44 N
(2012-2013-2014-2015-2016) Fabaiños  512879.74 E 4696256.27 N
(2012-2013) Bodeira  507421.17 E  4702342.97 N