viernes, 21 de noviembre de 2025

Rugulopteryx okamurae na praia da Lanzada, Complexo Ons-O Grove

 A falta de confirmación, parece que a especie de alga invasora Rugulopteryx okamurae xa está plenamente establecida na bahía da Lanzada. Co mar de fondo destes días, chegaron como arribazón  unha gran morea destas algas. Faltaría unha análise de laboratorio para confirmar que efectivamente se trata desta especie. Apórtanse fotos (21-11-2025)




Ó día seguinte puiden comprobar como as prais do sur do Grove tamén estaban cheas desta invasora.
Praia de Paxareiros, O Grove 22-11-2025


Praia de Raeiros, O Grove 22-11-2025

Escribo o seguinte o día 26-11-2025. Parece que a ninguén lle preocupa este tema, non vin nada nos xornais, tv, internet etc.
Non quero imaxinar o que pudera pasar, si entra no sur da ría de Arousa, Espazo Ons-O Grove, visto o que está a pasar no Mediterráneo. Entre a contaminación polos emisarios nas rías, a subida de temperaturas etc. era o que nos faltaba. 
Eu son mariñeiro e vivo do marisqueo, a cousa non me gusta nada. Non teño nin idea da bioloxía desta especie pero dame que ten un ciclo diferente ós argazos locais. Coas primeiras marusías apareceron arribazóns de algas locais e posteriormente apareceron as invasoras, cando menos chocante. A non ser que nas primeiras arribazóns tamén estivesen presentes estas algas. Si que as primeiras chegadas me pareceron mais copiosas que o habitual, ahí lo dejo....

Por certo... escribinlles ós da universidade: grupo_biocost@outlook.es , e na de na, sen resposta.

Veña... de agasaio uns videos destes días de choiva copiosa.


Rouxique, Sanxenxo, espazo natural Ons-O Grove


Rouxique, Sanxenxo, espazo natural Ons-O Grove


Enseada da Chanca, Meaño, espazo natural Ons- O Grove


O Recón, Sanxenxo, espazo natural Ons-O Grove



Tamén hai uns días, veño de confirmar a presenza, e asentamento, por primeira vez, dentro do espazo Ons-O Grove, do cangrexo americano Procambarus clarkii.
Atopei varios exemplares adultos e xóvenes nunha das barreiras de Rouxique-Sanxenxo.

Procambarus clarkii en Rouxique 7-11-2025



Hoxe nas nas pedras da lanzada, unha lontra, Lutra lutra comendo un rodaballo




Nos illotes dos Leiros en Rouxique seguen os cinco flamencos