A falta de confirmación, parece que a especie de alga invasora Rugulopteryx okamurae xa está plenamente establecida na bahía da Lanzada. Co mar de fondo destes días, chegaron como arribazón unha gran morea destas algas. Faltaría unha análise de laboratorio para confirmar que efectivamente se trata desta especie. Apórtanse fotos (21-11-2025)
Tamén hai uns días, veño de confirmar a presenza, e asentamento, por primeira vez, dentro do espazo Ons-O Grove, do cangrexo americano Procambarus clarkii.
Atopei varios exemplares adultos e xóvenes nunha das barreiras de Rouxique-Sanxenxo.
Hoxe nas nas pedras da lanzada, unha lontra, Lutra lutra comendo un rodaballo
Na marisma de O Vao un par de Barnaclas carinegras
Nos illotes dos Leiros en Rouxique seguen os cinco flamencos
No hay comentarios:
Publicar un comentario