viernes, 23 de febrero de 2024

Actualización en Ons-O Grove e mais


 Saudos

seguen a morrer ducias de aves na cancha acristalada que hai perto da desembocadura do rego da Chanca, en Dena, concello de Meaño. Desta volta cheguei pouco despois de que un gorrión se estampara contra a cristaleira. Poño ademais fotos doutro día no que atopei unhas cantas aves mortas. Hai que ter en conta que as aves fotografadas están dentro das instalaciós e que seguramente morran moitas mais, que ó cair por fora, son deboradas por diferentes animais e non se poden contabilizar. Os responsables, o alcalde de Meaño e os xestores do espazo Ons-O Grove, que hai  tempo xa foron informados.











O alcalde de Meaño (Carlitos) é biólogo pero a súa vocación parece ser a destrucción da natureza. Nada estrano...tamén hai curas violadores e médicos asesinos. Ademais debe de ter algún complexo, e non me refiro ó Complexo Ons O Grove, refírome a que lle quitou o protagonismo ó alcalde de Sanxenxo no que se refire á destrucción da marisma na beira de Altamira, enfrente á EDAR de Dena. Agora son operarios do concello de Meaño os que van recheando a marisma cada ano. Este día, cando me viron sacando fotos, desmontaron deseguido o tinglado e marcharon. Pero non tardaron nin media hora en voltar para que os puidera gravar e afotar.













Os responsables, o alcalde de Meaño e os xestores do espazo Ons-O Grove. En Google earth podedes ver fotos antiguas e apreciar como ano tras ano vai mermando a marisma.

Tranquilos que na parte de Sanxenxo tamén seguen a destruir a marisma, desta volta na costa de Rouxique, operarios do concello outra vez fixeron das súas.




A destrucción directa dos ecosistemas naturais en Ons-O Grove é unha práctica habitual. Ainda que os concellos e particulares son os que executan, estes están amparados polos xestores do espazo natural. 

A febre do viño albariño tamén está a afectar considerablemente a este espazo. Ducias de hectáreas están a ser transformadas en plantacións de albariño. Isto é un tema que precisaría unha publicación exclusiva no blog, igual algún día... .

O caso é que a natureza resiste, ainda que llo poñamos difícil. A seguir mostro algunhas cousiñas que animan a seguir disfrutando. Nesta primavera/verán o compañeiro Antonio Fontoira descubría nuha zona de recheos, para plantación de albariño en Fianteira, unha nova especie de libélua para Ons-O Grove, Diplacodes lefebvrii (Rambur, 1842) o que suma un total de 43 especies para o espazo. Puden confirmar a reproducción da especie no mesmo lugar, atopando dous exemplares xuvenís o 16-9-2023. Fotografiei a un deles, resultando ser un macho.



Na zona do Recón (Sanxenxo) atopei dúas poboacións de flor de cuco, Lychnis flos-cuculi, L., unha novidade botánica para Ons-O Grove e o concello de Sanxenxo.


O 21-5-2023 na Siradella (O Grove), confirmaba a reproducción de Anthus trivialis Linnaeus, 1758. Un exemplar adulto moi territorial, portaba bicada e reclamaba continuamente ante a miña presenza.



A alegría durou pouco.... chegando ó coche vin á guarda civil que acababa de estar alí.

! Sorpresa...!

Multa por invadir zona de tránsito en estrada comarcal. Bueno ... hai que aportar extras ás arcas deste país tan necesitado, os impostos que pagamos non chegan...




!HAI QUE JODERSE! , por querer deixar o carril bici libre. Invasión é a de Ucrania non isto... quen lles dera por onde se enfían as agullas....

Ainda que algunhas aves acuáticas invernantes en Ons-O Grove aumentaron o seu número de exemplares de forma xeral, a invernada de aves acuáticas descendeu drásticamente nos últimos anos (ver censos na páxina da Xunta), con varios miles de aves menos. Os motivos son varios e diversos, ainda así podemos disfrutar dos grupos de limícolas cando voan, un exemplo neste video deste inverno na marisma do Vao e punta Arnosa.





E para rematar a entra, unhas ideas para quen lle gusten as manualidades. Ocurréuseme facer uns paxaros con wallmate (corcho sintético aislante). Lápiz, cuter, lixa de diferentes grosores e pintura de aceite. Para as patas arame ou varillas de ferro de diferentes grosores.



                                       










                                       


SAUDE





3 comentarios:

  1. Hola, Emilio, gracias por avisar por esta nueva entrada. Me he quedado de piedra: ¿qué carallo pretenden con esos rellenos de la marisma? ¿En qué se fundamenta esta mierda, y por qué se les autoriza a perpetrar estos desmanes?. Es increíble, en un ENP tan condecorado (ZEC, ZEPA, Zona Ramsar), y tratándose de hábitats de interés comunitario, es que no se puede creer; yo, al menos, no doy crédito...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Saudos Jose
      supoño que o que está a pasar por aquí non é diferente ó do resto de Galicia, o respeto e interés pola conservación da natureza so nos interesa a catro nostálxicos. isto que presentei son pequenas pinceladas, o peor é que cada ano que pasa a cousa vai a peor. Non hai quen mire por este lugar. As administracións so están para protexer ós delincuentes, que son mais votantes que os que protexen. Fun socio fundador do CES e xa hai uns anos que me din de baixa, sigo sendo socio de SEO por obrigación, xa que si non son socio non podo exercer de anelador. Estas dúas asociacións teñen outras prioridades mais mediáticas. En fin...o tema da para un libro, eu sigo saindo ó campo a disfrutar o que podo.
      apertas

      Eliminar
  2. Xa era hora de que actualizaras, Emilio! E comezas forte, por certo. Eu tamén estou sorprendido con eses recheios e o seu motivo.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar