non hai día de visita ó espazo Ons O Grove no que non vexa algunha desfeita. A xestión deste espazo por parte dos responsables é nefasta e agora incluso a guardería se permite o luxo de criticar a quen lles leva avisando anos e anos das desfeitas que eles deberían controlar, xa que para iso están a cobrar. Comento......
No lugar das Salinas hai un camiño que da acceso á praia da Lanzada atravesando o humidal do Recón, dentro do espazo Ons O Grove e dentro da zona de especial protección no plan de recuperación de Emberiza schoeniclus lusitanica.
Este camiño xa estaba asfaltado e o goberno local por contentar ós veciños da zona decideu pedir permiso para reasfaltar, cousa que medioambiente aceptou sen miramento algún.(estamos en campaña electoral)
como era de esperar a desfeita no humidal foi importante como se ve nas imaxes.
desfeita das zonas de cría de anfibios, odonatos, cascudos acuáticos etc.etc.
verquidos de alquitrán
recheos con materias sobrantes da obra en zona con vexetación dunar.
Pero o mais lamentable para min foron os comentarios que lle fixeron os gardas a un compañeiro. Dixéronlle que xa estaban fartos dos meus avisos, que eran tonterías e había cousas con mais interés dentro de Ons O Grove.
Ainda que non me gustou este feito sei que o fixeron porque non teñen nin puta idea de como funciona a natureza, dos valores naturais do espazo e porque os molesto cando poden estar rañándoa en hora de traballo, en fin....seguimos....
Onte cheguei a Arnosa e vin varios camións votando toneladas de escombros de obras misturados con plásticos, vidro etc etc nun camiño que xa fora denunciado hai anos.(pero non pasou nada...)
ten uns 500 m. a carón da marisma e tiña uns 5m de ancho, agora 6m.
uns 50m foran feitos enriba da marisma e agora rechearon mais.
escombros na marisma
detalle do material aportado, incluso a terra limpa está considerada como residuo polo que precisa de permisos para votala nunha finca diferente á de orixe. Neste caso sen permisos, nunha pista ilegal con escombros e con recheo de intermareal
chemei ós servizos de protección da natureza, SEPRONA e Xunta e pasotas total. Reflexionando un pouco dinme conta que non vale a pena denunciar coa corrupción que temos neste pais, teríamos que sair ó campo a disfrutar e pasar de todo e mais cando ós que lles pagan por supostamente defender as leis medioambientais pasan de todo.
Por certo.... na entrada anterior comentara que descubrira un grupo de sapos corriqueiros(únicos en Sanxenxo), pois vaia casualidade que a zona de cría foi tapada con escombros, estaba a carón desta pista.
Ainda hai mais...
O grupo Campo comezou os recheos dunha das barreiras de Rouxique, despois de mais de 40 anos de recuperación ecolóxica. Comentar que nesta barreira cría unha das dúas únicas parellas de Alcedo atthis do Complexo Ons O Grove, zona de pesca de Lutra lutra. Ampáranse na lei de minas para rechear...debe ser que prevalece ante as leis de protección da natureza nun espazo " desprotexido"
Incrible... o do Ons-O Grove clama ao ceo. E non será por non falar diso: o teu blogue, a revista O Bugallo e tamén outros traballos (p. ex. http://bit.do/futuro_ons-ogrove)... O dito, incrible.
ResponderEliminarApertas e ánimos, Damián
Pero a moto sábena vender ben na FIO.Así nos vai.
ResponderEliminarTodo apunta a que hai unha trama montada co tema dos residuos nos que CAMPO e Xunta viven en Simbiose, eu pago por recoller lixo e vós os encargades de xestionalo cos permisos que vos dou. Ah...pero montade unha empresa cun nome e logo ecoloxista, por exemplo Protección medioambiental SL. Vós certificades ó mesmo tempo os fumes que emitides cando queimdades os aceites que xestionades, cos escombros facede o que vexades, cos neumáticos o mesmo.
ResponderEliminarCada vez que entro neste blog dame depresión e pena... pero bueno, como a ignorancia é atrevida... Cando o mar coma toda a Lanzada e arrase co Vao xa se devolverá o que é seu... En fin, entraba por si tes algún post sobre ofidios ou reptiles en Sanxenxo,(culebras, lagartos)... porque o apartado de herpetoloxía está borrado... Aínda que non actualizas desde hai un ano, espero que leas o comentario. Un saúdo.
ResponderEliminar