tag:blogger.com,1999:blog-2015168421354568056.post5228480556107913693..comments2024-02-24T11:34:22.447+01:00Comments on Sanxenxo Biodiversidade: CORAIS DE AUGA FRIA NA RIA DE PONTEVEDRA( cold water corals)Emilio Martínez Sabaríshttp://www.blogger.com/profile/02704956745573397073noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-2015168421354568056.post-7247512156795145772018-06-14T09:10:35.635+02:002018-06-14T09:10:35.635+02:00Bos días, Emilio.
Ante todo, quero darche a enhor...Bos días, Emilio.

Ante todo, quero darche a enhoraboa pola túa páxina e o que representa en termos de defensa e divulgación da biodiversidade galega, coa que eu tamén estou comprometido (especialmente no referente ao medio submariño, xa que, coma ti, me considero, antes de nada, un apaixoado do mesmo e un afortunado recolector/descubridor das especies incribles que o habitan).

Porén, e precisamente para aportarche un pequeno gran de area, quero facerche dúas aclaracións, referentes ao que publicas de Armatoplana celta e sobre os corais de augas frías da Ría de Pontevedra.

Respecto de Armatoplana celta direiche que o 26 de setembro de 2016 publiquei na web de asturnatura.com unhas fotos de varios exemplares vistos por mín en 2015 na Ría de Vigo, concretamente na dársena de Bouzas. Engádoche o link á dita publicación:
https://www.asturnatura.com/fotografia/fauna-invertebrados/armatoplana-celta-1/26500.html
Co que non é cero que só se atopase na Ría de Arousa (coñezo o traballo de Carolina Noreña, Jacinto Pérez e Bruno Almon no que se describe esta especie e se da ese dato de localización, pero, como che dicía, a súa presenza xa non se limita á Ría de Arousa). Ademáis, teño atopado bastantes máis exemplares de dita especie en parecidas lñocalizacións dende 2015 ata agora. O digo por se queres incluir esa información na túa páxina.

E do que dis dos corais da Ría de Pontevedra, teño que dicirche que, atendendo ás fotosa que acompanan a túa referencia, corais só son os que aparecen nas catro primeiras fotos (de arriba a abaixo), así como na foto nº 7 e na última (que é coa primeira). O resto non son corais, senon briozoos, outros animais moi distintos, máis próximos a determinados tipos de vermes que aos corais, por máis que, coma eles, presenten estruturas duras con ocos nos que habitan os zooides (no caso de briozoos non se pode falar de pólipos, como cos corais). Certo é que os zooides dos briozoos gardan certas semellanzas cos pólipos, sobre todo pola existencia dun penacho (chamado lofóforo) que lembra bastante aos tentáculos dos pólipos, pero, xa che digo: nada teñen que ver uns cos outros.

Espero que non che incomode o meu mail, xa que o único que pretendo é, modestamente, aportarche máis información para mellorar un pouco, se queres, a túa magnífica páxina.

¡Ánimo, que o teu esforzo paga a pena sempre, ben cho sei!.

Un saúdo.
Anonymoushttps://www.blogger.com/profile/06378619964553300233noreply@blogger.com